Sobre Nós

Somos a Asociación 6d6, un grupo de xente interesada e afeccionada aos wargames, xogos de mesa e de rol de Santiago de Compostela e arredores. Organizamos mensuamente actividades abertas a todo o público no noso local na Rúa das Cancelas 78 (acceso desde a traseira pola rúa Vicente risco) ou onde se nos necesite.

Entre as actividades máis destacadas están a organización das Xornadas Warp que levan realizando este tres últimos anos no CSC Ou Ensanche, Noite de Xogos no Centro Xove da Almáciga dentro do programa Boas Noites e pequenas colaboracións coa Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Outras actividades de éxito son xornadas de videoxogos retro, noites temáticas de xogos de mesa, demostracións de wargames como Infinity e Malifaux (contamos cos nosos propios Warcor e Henchman), a nosa liga de Blood Bowl e xornadas de portas abertas onde a xente pode apuntarse a partidas de rol, probar xogos de mesa…

Con todo isto queremos normalizar e fomentar este tipo de xogos como afección sa e social entre todas as franxas de idade da poboación de Santiago e arredores (e admitimos a calquera de fóra da comarca!!!).

Actualmente contamos con 22 socios e moitos máis simpatizantes que se achegan a xogar, mostrarnos os seus novos xogos e participar nas nosas actividades tanto periódicas como puntuais. Se buscas un grupo de xogo, descubrir unha nova afección, sexas novato/a ou veterano/a de mil campañas podes contactar connosco en contacto@asociación6d6.com. Segue todas as nosas novidades e actividades aquí, en Facebook e na nosa canle de Telegram

Onde Estamos?

Así Xogamos