Xornadas de Rol

Xornadas de Rol

Cuando:
26 abril, 2019 a las 4:30 pm – 8:30 pm
2019-04-26T16:30:00+02:00
2019-04-26T20:30:00+02:00
Donde:
Biblioteca Ánxel Casal
Avenida Xoán XXIII
s/n 15704 - Santiago De Compostela
Xornadas de Rol @ Biblioteca Ánxel Casal

Tarde de xogos de rol coordinada pola Asociación 6d6, con partidas para todos os públicos, para xente que nunca xogou e para aquelas persoas que levan décadas lanzando dados.

Xogamos a:

* Evasión o Victoria
Sistema: star wars ao filo do imperio.
Participantes: 5 xogadores/as maiores de 15 anos.

A galaxia está en guerra, despois da destrución da estrela da morte os rebeldes intensificaron a súa actividade.
O imperio capturou a un comando rebelde que non dubidou en vender aos hutt como escravos.
Contrátase a un grupo de mercenarios para unha misión de rescate durante a carrera de vainas do gran Premio hutt. Un pequeno xesto que pode salvar a galaxia…
(Ler con fondo negro e letras amarelas subindo)

* Partida sorpresa
Participantes: 4 xogadores/as (podendo ser menos ou ampliar a algún máis) de 8-12 anos de idade.

Fantasía urbana con adolescentes como protagonistas nun misterioso mundo no que se solapan o real e o imaxinario.

* Pequenos/as detectives na biblioteca
Sistema: Pequenos/as detectives de Monstruos.
Participantes: 4 xogadores/as maiores de 4 anos (poden xogar tamén as persoas adultas acompañantes)

Todos os días, aínda que vós non o saibades, as persoas encargadas veñen moi cedo para preparar os libros para vós. Logo, cando todo está preparado saen a almorzar pero, hoxe, cando ían facelo, descubriron que as chaves desapareceran e non podían pechar a biblioteca…Podería pasar calquera cousa, incluíndo que haxa algunha persoa encargada despistada e que non saiba onde as gardou, pero dado que a Axencia de Pequenos e pequenas Detectives de Monstros leva polo barrio unha semana movidita, recibimos a alerta rapidamente porque, seguramente, será un dos monstros que levamos perseguindo todos estes días por aquí.

* O baile do Home Morto
Sistema: a chamada de Cthulhu
Participantes: 6 xogadores/as como máximo, maiores de 15 anos.

O Blue Sky é o local nocturno máis popular e ilegal da cidade de Chicago nos tolos anos 20 e alí reúnense, gangsters, políticos, ricos, turistas e calquera persoa que o queira pasar ben na cidade. Ademais, é o punto de partida para esta historia de terror e jazz ambientada nos Estados Unidos dos anos 20.

* A casa do embaixador
Sistema: o rexurdir do Dragón
Participantes: 5 xogadores/as maiores de 15 anos.

Prepara a túa espada, o teu escudo ou os teus conxuros para adentrarte en Voldor, un mundo cheo de marabillas deixadas polos Peregrinos despois da desaparición. Unha gran cantidade de especies, agora orfas tras a marcha dos seus creadores, intentan convivir en paz a pesar das súas grandes diferenzas e pode que un pouco de axuda sexa precisa para que os problemas non medren demasiado.
Algo estraño e desacougante parece suceder na casa do novo embaixador Mida da cidade de Vadania. A situación política da cidade pode dar un xiro dramático se non é quen de controlar a situación con eficacia e discreción.

Vinde xogar connosco!
No salón de actos da biblioteca. Entrada por rigorosa orde de chegada.