The Other Side

The Other Side

Introducción

Cara 1906 o Gobernador Xeral Kitchener, empezou a reunir unha serie de reliquias e artefactos por toda Malifaux (máis información http://asociacion6d6.com/?p=323) para completar un ritual que o convertería en unha entidade co poder de un deus. Debido a interrupción do Tirano Cherufe o ritual non saíu como se esperaba e o Gobernador desapareceu en unha enorme deflagración.

Mentres tanto na Terra o Gremio estaba perdendo a súa influencia sobre o mundo, o Imperio Británico declarouse independente, e outras nacións como Rusia e Turquía comezaron a premer o Gremio para mellorar o seu acceso as pedras de alma.

Na primavera do 1906 aparece sobre San Francisco (no ceo) unha figura que semellaba un Home Ardendo ( Burning Man), este fenómeno produciu a aparición de unha serie de monstros na cidade e tras unha semana un enorme terremoto fundiu a cidade no mar liberando os monstros a rexións veciñas, tras o terremoto o Home Ardendo desapareceu do ceo.

Un mes despois o Home Ardendo apareceu sobre o ceo de Londres, provocando a aparición de poderes máxicos e estrañas mutacións en aquelas persoas máis sensibles ou inestables, ademais o longo de toda a cidade comezaron a abrirse unha serie de portais ós mares de Malifaux inundando barrios enteiros da cidade e liberando toda unha serie de criaturas anfibias que comezaron a moverse e alimentarse de todo o que atoparon na capital do Imperio do Rei ( Kings Empire), pese a sorpresa as forzas británicas conseguiron repeler os anfibios. Este evento foi coñecido como a Batalla de Londres e que sería o disparo de saida para toda unha serie de conflitos o largo da superficie da terra. Os Británicos abrazaron a súa independencia do Gremio e co caos reinando puxeron en marcha a súa maquinaria bélica, en África a nación de Abysinia emerxe como unha gran nación tecnoloxicamente moi avanzada grazas as súas grandes reservas de pedras de alma. As criaturas pisciformes foron expulsadas de Londres pero colonizaron os mares de tal xeito que todas as rexións costeiras son susceptibles de ser atacadas, por último a influencia do Home Ardendo vai provocando a aparición espontánea de pequenos exércitos formados por monstros, mutantes e sectarios loitando cóbado con cóbado e sembrando o caos o seu paso.

¿ Que é The Other Side?

The Other Side e un xogo de batallas da compañía americana Wyrd Games que saíu a finais de 2018 tras un kickstarter que acumulou bastante atraso. Como xogo de batallas cada xogador manexará un exercito conformado por varias unidades cada unha formado por escuadras ( Fireteams) de unha ou varias miniaturas, de tal xeito que podemos ter unidades formadas por unha única escuadra ( representado personaxes da ambientación ou os grandes titáns) ou varias escuadras formadas por soldados xenericos.
Agora dispoñemos de catro faccións e outras catro anunciadas para un futuro próximo.

Faccións

Abisinia ( Abyssinia):

O Imperio Abisinio naceu en Etiopía, na costa leste de África, hai centos de anos, pero a súa prominencia en África (e no resto do mundo) xurdiu nos anos 1800. Co caos no extendendose polo mundo debido á aparición da primeira Brecha e as posteriores guerras de po negro, Abisinia comezou a expandir rapidamente as súas fronteiras. Agora, co ascenso do Burning Man, Abisinia decidiu ampliar de novo o seu alcance mundial.

Os abisinios son os mestres da tecnoloxía das Pedras de Alma ( Soulstones). Unha brecha temporal o mundo de Malifaux no século XVII deulles acceso a Pedras de Alma anos antes que ninguén. Isto impulsou a innovación e levou a Abisinia a ser a nación máis avanzada da Terra. O exército abisinio é unha mestura de tropas de elite e máquinas de guerra, capaces de loitar de xeito efectivo en combate corpo a corpo ou mediante o uso de armas a distancia.

O Culto do Home Ardendo ( Cult of The Burning Man):

O culto ten os seus inicios nas divagacións de Ephraim Wade. Efraín tiña perturbadoras premonicións que compartía con quen o quixera escoitar nas rúas de Londres. O principio non atraeu moita atención, pero cando o Home Ardendo apareceu no ceo sobre Londres as súas divagacións recibiron toda a credibilidade de golpe. Mentres Londres se queimaba, o culto xurdía das súas chamas.

O Culto son os seguidores tolos do enigmático Home Ardendo. As forzas de esta entidade sen voz están compostas por aberracións monstruosas e humanos tocados polas maxias caóticas. Un exército do Culto do Home Ardendo está especializado en tácticas de correr e golpear e no uso de maxia para derrotar aos seus inimigos.

As Hordas Balbuceantes ( Gibbering Hordes):

As Hordas Balbuceantes son habitantes do antigo Malifaux, antes da caída dos tiranos. Na guerra resultante, elixiron o lado equivocado e foron desterrado ó océano. Ao longo dos séculos, as súas formas adaptaronse para acomodarse a vida no fondo do mar e co paso dos anos comezaron a ser esquecidos hasta que se abriron portais que os levaron a Terra.

As Hordas Balbuceantes son criaturas anfibias que habitan en moitos dos cursos de auga e océanos de Malifaux. A maior parte da súa intelixencia foi esquecida en favor dun agudo instinto animal e un desexo de sobrevivir. Liderados polos seus parentes máis conscientes, as Hordas decidiron facer da Terra a súa nova casa. Un exército das Hordas Balbuceantes está centrado no combate corpo a corpo, usando os seus números aparentemente infinitos para conquistar aos seus inimigos.

O Imperio do Rei ( King´s Empire):

O Imperio do Rei esténdese por todas as illas británicas e inclúe forte presenza en territorios estranxeiros como a India. Aínda que orixinalmente era o fogar do Gremio, o Imperio liberouse do xugo da opresión e agora busca o seu propio camiño. Co diluvio sobre Londres e o ataque das Hordas, o Imperio do Rei mobilizou as súas forzas e agora diríxese á guerra.

O Imperio do Rei utiliza a súa presenza global e a forza das armas para axudar a moldear o destino da Terra. Empregando tropas ben adestradas e armas de lume avanzadas. Un exército do Imperio especialízase en poder de longo alcance e tácticas astutas para derrotar os seus opoñentes.

O Tribunal dos Dous ( Court of Two):

O Tribunal dos Dous comezou hai séculos cando un doppleganger pasou por un portal de Malifaux e interesouse pola política da Terra. Manobrando entre bastidores durante xeracións, esta criatura de outro mundo acumulou considerable poder e riqueza. Agora chámase Anton De Wils, aínda que ten moitos alias en todo o mundo.

Anton decidiu aproveitar o caos na Terra para conseguir máis poder. Ao traballar con Kirai Ankoku, unha poderosa médium, gañou o dominio sobre os espíritos dos mortos. Ofrece estes espíritos aos seus irmáns Malifaux a cambio de favores… favores que lle permitirán saír das sombras e tomar o control da Terra.

O Gremio ( The Guild):

O Gremio de Mercaderes xurdiu durante as guerras do Po Negro no século XIX. Era un conglomerado de nobres, comerciantes e magos que desexaban ver o fin dos combates. O xeito máis rápido de acabar co conflito era gañar o control das Pedras de Alma.

Co control da maior parte das Pedras de Alma do mundo ao seu alcance, foron capaces de forzar o mundo a un alto o lume. A apertura da Brecha anos máis tarde levou a un crecemento do seu poder, pero tamén un desgaste das nacións do mundo no seu control un tanto tiránico.

Despois da Batalla de Londres, o gremio reuniu as súas forzas ao redor do mundo e está escollendo as súas batallas con coidado, asegurando que teña influencia coas nacións e imperios que sobreviven á guerra.

A maiores destas faccións sabemos que teremos facción Dos Tres Reinos que sería a gran potencia oriental e os Ki-mon que son unha facción dos Onis que quedaron libres na terra tras os eventos da Obsidian Gate.

¿Como e unha partida de The Other Side?

Unha partida de The Other Side ten unha duración aproximada de 90 – 180 minutos aínda que esta duración pode ser variable devido a experiencia dos xogadores e da familiaridade cas súas unidades.

Pasos Prebatalla:

Determinar o escenario que imos xogar e reclutar: Durante este período debemos determinar o que número de comandantes imos xogar, o habitual e xogar con 2 comandantes por bando aínda que con un único comandante temos partidas que funcionan moi ben como tutorial. Unha vez seleccionada isto cada xogador escolle que facción vai usar durante a partida e tamén que comandantes.

Determinar a Operación: Cada xogador saca unha carta o azar do seu mazo o que teña a carta máis alta e o atacante e a súa carta determina a misión que se vai xogar na partida e o xogador ca carta máis baixa e o defensor e a súa carta determina as zonas de despregue.

Recrutar: Durante este paso os xogadores determinan que unidades van tomar parte en esta batalla, cada comandante no teu bando vai darche unha cantidade de scripts ( a moeda do Gremio) para comprar as unidades baixo o seu mando. Ademais con istos scripts pode comprar cartas de recursos que son melloras que se poden equipar a unidades e que ademais poden inutilizarse para previr dano as unidades que o portan ( o que e moi relevante no caso de comandantes e titáns).

Adicionalmente cada xogador prepara o seu mazo de estrataxemas que son unha serie de cartas que se poden adquirir gastando tokens tácticos ( falaremos disto un pouco mais adiante) durante a batalla para producir eventos únicos o largo da partida.

Batalla

Durante a batalla os xogadores utilizaran os seus efectivos para conseguir máis puntos de vitoria que o seu adversario cumprindo os obxectivos do escenario. Un turno dividese en unha fase inicial, a fase de activacións e a fase de final de turno:

Durante a fase inicial os xogadores obterán unha serie de contadores de tácticos, que poderán utilizar en esta fase para facerse unha man de cartas propia que nos permitirá modificar as nosas tiradas ( en The Other Side non utilizamos dados senón que usamos un mazo de poker para facer as tiradas). Tamén será un dos puntos nos que podemos reforzar ás nosas unidades que teñan baixas.

A fase de activación e onde ocorre a maior parte da acción e nela os xogadores van ir activando as súas unidades para acadar os seus obxectivos. Cada unidade poderá recibir unha das tres ordenes dispoñibles:

Avanzar: Cada unha das escuadras da unidade pode moverse e facer unha das accións na súa carta, esta acción pode ser diferente para cada escuadra.

Cargar: As escuadras que conformen a unidade poden moverse o dobre do seu movemento e facer un ataque corpo a corpo contra un inimigo.

Prepararse: A unidade pode poñerse un marcador dos 4 diferentes que hai no xogo e as súas escuadras poden facer accións da súa carta.

Durante esta fase os xogadores irán activando unidades de forma alternativa aínda que poderemos gastar tokens tácticos en certas circunstancias para encadear dúas unidades seguidas, do mesmo xeito un xogadores pode declinar a súa oportunidade para activar descartandose de unha carta ( salvo que xa activara todas as súas unidades). Esta fase remata cando os dous xogadores pasan de forma correlativa ( o que non implica necesariamente que activaran todas as súas unidades).

Fase Final

Durante esta fase os xogadores anotan puntos e fan un pequeno mantemento da partida de temas relacionados co escenario e barallan de novo os seus mazos.

¿Que nos ofrece de Other Side?

The Other Side e un xogo peculiar en canto as sensacións que transmite, por un lado e un xogo de grandes batallas pero a cantidade de miniaturas sobre a mesa non e demasiado elevada comparada cos referentes de este estilo de xogo ( vexase Warhammer 40.000 ou Age of Sigmar), do mesmo xeito o sistema de agrupar os soldados en escuadras que poden funcionar de forma mais ou menos independente dáme un sabor máis próximo a un xogo de escaramuzas, por outro lado necesitamos unha mesa bastante grande que acaba cuberta por moitos miniaturas e na que tampouco se fai un uso extensivo da escenografía ( de feito creo que funciona mellor con escenografía 2d).

En resumo creo que un xogo que esteticamente semella un xogo de grandes batallas pero que xogablemente está mais próximo a un xogo de escaramuzas.

Con respecto a súa comercialización a mellor forma de entrar e mediante a adquisición de un stárter da facción que máis che guste ( arredor dos 80 €) que che trae 3 unidade diferentes e un comanda premontados que solo temo que pegar a peana. Adicionalmente trae un mazo de cartas, unha cinta métrica e unha serie de marcadores que necesitamos para xogar. Como produto pese a que o prezo e algo elevado semellame un concepto bastante atractivo sobre todo para aquelas persoas máis enfocadas ao xogo que o hobby xa que en 20 minutos despois de abrir a caixa podes estar xogando sobre a mesa xa que solo hai que pegar as miniaturas as súas peanas.