Skytear

Skytear

Aproveitando a súa próxima aparición en Español por parte de TCG Factory  (actualmente está en precompra e estiman que estará dispoñible para finais de ano) decidimos facer un pequeno artigo sobre Skytear un xogo o que lle estamos dando (virtualmente) bastante estos días e do que temos material físico na asociación na edición inglesa.

Pero de que vai Skytear?

Skytear e un xogo de taboleiro con miniaturas que simula a experiencia de un MOBA un xénero de videoxogos que leva xa uns anos en boga sendo os principais expoñentes o League Of Legends ( LOL) ou o Defense Of The Ancients ( DOTA). En este tipo de xogos hai dous equipos cada un formado por unha serie de personaxes ( coñecido como Heroes no caso de Skytear) que teñen unha serie de habilidades características, ademais dos Heroes temos os Minions que son  “masíllas” que combaten xunto os Heroes.

Capa equipo ten unha base ou Nexo que está conectado co Nexo do outro equipo por unha serie de liñas ou carriles ( en Skytear temos escenarios de 1,2 ou 3 liñas sendo o de 2 o estándar), separadas por unhas zona neutrales que aquí chamamos domos ( o que sería a xungla nos MOBAS de ordenador). En estas liñas será onde combatan os minions mentres que os heroes poderán loitar por todo o mapa.

Area de xogo

En xeral nos MOBAS o obxectivo principal é golpear o Nexo inimigo ata que se destrúa evitando que isto lle pase o noso, adicionalmente en Skytear teremos tres condicións de vitoria alternativas e aleatorias que se establecen durante a preparación da partida.

Pre – Partida e Preparación.

Un dos puntos claves deste xogo está antes da partida  xa que temos que selecciónar cales dos 24 heroes dispoñibles no momento de escribir estas liñas queremos utilizar. Xeralmente crearemos un equipo de 6 heroes dos cales xogaremos 4 na partida estándar e que escolleremos mediante un proceso de selección alterna co rival o inicio da partida. Cada un dos heroes pertence a unha das catro faccións (cada unha con unha mecánica propia) e na súa carta vemos as faccións das cales pode utilizar cartas de poder ( que serían uns símbolos de cor enriba do retrato)  as súas habilidades propias que sería o texto da carta e por ultimo as súas estadísticas básicas ataque ( o dano que fai), vida ( o dano que aguanta) e armadura ( o dano que resta dos ataque que recibe).

Héroe

Adicionalmente para cada un dos heroes crearemos un pequeno mazo de 8 cartas das cales unha delas ten que ser obrigatoriamente a súa habilidade definitiva ( coñecida tamén como Ulti ou a R), as cartas deste mazo poden ser de calquera das faccións aínda que os heroes non as poidan utilizar. Estas cartas de poder teñen arriba a esquerda o seu coste de mana ( basícamente o turno a partir do cal as podemos comezar a usar)  arriba a dereita o seu valor de modificador ( que serve nas “ tiradas “ falaremos deso un pouco mais adiante) , a velocidade a que pode ser xogada e por ultimo un texto co seu efecto.

Polo demais a preparación  e moi sinxela, mesturamos a cartas de cada heroe seleccionado para formar o noso mazo, colocamos o heroes no noso nexo, colocamos 2 minions o redor dos marcadores de control de cada liña ( iremos sobre isto na fase de Minions) e poñeremos os 3 puntos de vida nas torres ( algo que tes que romper antes de poder golpear o Nexo) e 5 puntos de vida no Nexo. Roubamos unha man de 6 cartas.

Unha vez teñamos todo isto preparado comezamos a xogar, aínda que o xogo trae un tutorial no que podemos catar unha partida enteira con unha preparación mais corta e sen necesidade de preparar previamente os mazos dos heroes.

Partida

A partida dura 5 turnos ( ou cando alguen consiga gañar o que ocorra antes)  que constan de 3 fases:

  1. Fase de Heroes: Os xogadores van activando alternativamente os seus heroes. Cada heroe ten 3 puntos de habilidade que pode usar para mover, atacar, escaramuzar, liderar e adorar, podendo usar cada unha destas unha única vez.
    • Mover: o heroe move hasta 3 casillas.
    • Atacar: o heroe fai dano a un heroe inimigo ou a un minion. O valor de ataque ven dado por un número e unha serie de símbolos máis (+)  que será o número de cartas que descartaremos da parte superior do noso mazo quedándonos co valor de modificador que máis nos interese.
    • Escaramuza: o heroe move unha casílla dúas veces e pode facer un ataque de 0+ contra un heroe inimigo. O orde de estas tres cousas pode ser escollido polo xogador.
    • Liderar: o heroe coloca en segredo unha carta baixo el desde a man ou desde arriba do mazo que será útil durante a fase de minions.
    • Adorar: sirve para xogar a habilidade propia da súa facción.
    • Adicionalmente e sen gastar acción cada heroe pode xogar cartas con un coste de mana igual o numero de turno no que estamos xogando.
    • Cada vez que xoguemos unha acción ou carta o noso opoñente vai a poder responder usando cartas rápidas ( as de dúas flechas) antes de que a habilidade ou carta que nos xogamos se resolva, igualmente nos poderemos responder a resposta, así hasta que os dous pasemos, unha vez ocorra isto comezamos a resolver desde a ultima carta xogada de tal modo que o ultimo que foi xogado será o primeiro e resolverse ( basícamente como funciona a pila en Magic).
  2. Fase de Minions:
    • Durante esta fase contamos o número de heroes e minions que están a tres casíllas de cada marcador de control de liña  e sumámoslle o maior valor do mana entre as cartas de liderazgo que xogaran os heroes. Así a diferencia entre o noso valor e o do contrario será por un lado o numero de minions do xogador co valor mais baixo que serán eliminados do xogo e si aínda nos sobra poderemos danar á torre ou Nexo si está a tres casíllas ou menos. Logo o gañador avanza o marcador de control de liña cara o Nexo inimigo igual a diferencia dos valores e por último comezando polo perdedor cada xogador coloca 2 minions na nova ubicación do marcador de control de liña.
    • En cada domo hai un marcador de control impreso ( e que non se pode mover) o xogador que gañe en esta zona pode utilizar o outsider en este momento, o outsider ten unha carta e funciona basícamente como un heroe.
  3. Fase de limpeza e roubo:
    • Durante esta fase quitamos tódalas cartas que se utilizaran durante o turno e roubamos 2 cartas e si temos mais de 7 descartamos hasta 7. Movemos o marcador de turno e comezamos o seguinte turno.

Comercialización do xogo:

O xogo físico ten unha caixa básica que nos trae dous heroes de cada facción, así como cartas para xogalos, e un outsider ( taboleiro, marcadores etc ).

Ademáis temos una boa cantidade de expansións: temos unha de cada facción que nos trae 4 heroes novos desa facción así como unha boa cantidade de cartas ( en algúns casos completa o playset  de tres copias que ven incompleto no basíco). Tamén temos unha expansión con 4 outsiders novos e algunhas cartas adicionais. Un taboleiro extra de unha liña. Unha expansión pequena solo de cartas, e no momento que escribo isto están por saír un par de expansións con dous heroes novas cada facción e unha serie de cartas novas.

De boas a primeiras todo isto e bastante material para adquirir se ven na web de  PvPGames  ( a editora do xogo) temos un pack de aforro  co básico e as 4 expansións de facción co desconto equivalente a unha das expansións de facción.

Por outro lado a xente de PvP Games aposta por facer un xogo “de torneo “ de tal modo que mediante a aplicación Tabletop Simulator ( podedes atopala en Steam por exemplo) teñen un módulo oficial e gratuíto no que se pode xogar ó xogo completo e participar en torneos oficiais orientados a diferentes niveis de xogo, cousa que esta moi ben en istes tempos pandémicos nos que vivimos.  Ademáis na súa web teñen un constructor de mazos cas imaxes de todas as cartas ( por si queredes facervos un print and play)  así como mazos da comunidade e estadísticas variadas de metaxogo.

Persoalmente e un xogo que me está gustando moito con unhas reglas de dificultade media-baixa pero que cos aspectos de construción de mazo e a seleccion de heroes dálle unha gran profundidade. Ademais se tedes Tabletop Simulator podedes xogalo gratis e si vos mola adquirir o material físico.

Se vos interesa o xogo podedes escribirnos a asociación e podemos ensinarvos e resolver calquera das vosas dubidas.

Ligazóns de interese: