Vampire: The Eternal Struggle Capítulo 1

Vampire: The Eternal Struggle Capítulo 1

Un pouco de Historia

Comezamos una serie de artigos sobre o xogo Vampire: The Eternal Struggle, para que coñezades este gran xogo.

Primeiro fagamos un pouco de historia, no caso que nos ocupa volvamos atrás cara o ano 1993 no que tras unha convinte visita a Wikipedia descubrín que era o ano das Poboacións Indíxenas no mundo.  No mundo do cine tivemos o  imprescindible doblete de Spielgberg formado por Parque Jurásico  e  La lista de Schindler, tamén a infame Super Mario Bros. No mundo da música saiamos do boom do grunge acercandonos a nova tendencia do Brit-Pop con discos que sigo escoitando a día de hoxe como o regulero In Utero de Nirvana, o Siamese Dream dos Smashing Pumpkins ( o meu disco favorito da banda), o So Tonight That I Might See de Mazzy Star que me descubriron recentemente, sen esquecer o disco de debut de Carmen Electra ( este coñecino pola visita a Wikipedia de rigor para escribir esta parte) aínda que supoño que vos escolleriades outros. No mundo dos videoxogos estreáronse nos Estados Unidos a 3DO e a Atari Jaguar. En Europa recibimos o futuro en forma de Mega-CD, Doom e o Starwing ( ou StarFox).

Pero o motivo fundamental deste exercicio de nostalxia e chegar a un acontecemento que cambiaría ata certo punto o, en aquel momento underground, mundo lúdico. Ese acontecemento foi a creación de Magic: The Gathering por parte de Richard Garfield e comercializado por Wizards of the Coast (WotC) que aínda era unha pequena empresa, anos antes de ser absorbida polo xigante xogueteiro  Hasbro . Odiado por moitos e xogado por outros tantos Magic constituíu un éxito brutal a nivel global entendéndose como a pólvora por grupos de xogadores de rol e de paso comezando unha nova vía de negocio no mundo friki, os xogos de cartas coleccionables ( CCGs). Durante os seguintes anos todas as empresas do negocio produciron xogos deste tipo das súas franquicias, algúns exemplos serían El Señor de los Anillos, Mithos ( baseado nos mitos de Cthulhu), Doomtroper, Kult , etc. ( Deixovos un link con todos  os xogos clasificados como CCGs na Boardgame Geek)

Durante estes anos Richard Garfield estivo involucrado no desenvolvemento de varios CCGs como Battletech ( do cal temos unha caixa de mazos no local da asociación), Netrunner ( cuxa reimplementación moderna por parte de Fantasy Flight Games amamos fortemente algúns dos socios de 6d6) e por último o xogo do que vos veño a falar: Jyhad ou como foi coñecido posteriormente  Vampire: The Eternal Struggle (V:TES).

V: TES e o xogo de cartas de adapta unha das licencias máis exitosas do mundo roleiro dos primeiros 90s, Vampire: The Masquerade ( Vampiro: A Mascarada) un xogo de rol nos que os xogadores interpretan a atormentados vampiros que viven en unha versión esaxerada de uns primeiros 90s que a cultura popular nos presenta como violentos, escuros e deprimentes. O xogo propoñía os xogadores interpretar a monstros en un contexto adulto, xeralmente mal entendido tanto por xogadores como polos escritores dos abundantes suplementos. Destacar o arte que fixo Tim Bradstreet para toda a liña do cal unha parte pasaría a ser usado en V:TES.

Non facía falla ser Tesla para darse de conta de que a unión da franquicia de moda no mundo friki co novo estilo de xogo que causaba furor era un éxito asegurado, pois contra todo prognóstico non foi así, ou polo menos non foi un éxito comparable o de Magic. O xogo tivo un set básico que levaba o nome de Jyhad  que foi publicado en 1994 e que foi reimpreso aproximadamente un ano despois baixo o nome Vampire: The Eternal Struggle debido a que o termo Jyhad, pese a ser un concepto do trasfondo da franquicia,  supoñía certos problemas de imaxe para Wizards of the Coast. A partir deste renomeamento ( cos problemas que iso conleva como cambios nas traseiras das cartas etc) o xogo recibiu a súa primeira expansión a finais de 1995 e dúas máis durante 1996. 

A finais de 1997 fundase a Vampire Elder Kindred Network ( VEKN) unha organización formada por afeccionados e pensada como punto de encontro para os xogadores a nivel mundial así como para regular o aspecto competitivo do xogo. 

En febreiro de 1998 Wizards of The Coast anuncia que non ten preparado novos proxectos para V:TES anunciando o fin da produción do xogo de forma oficial tras un ano largo en silencio. 

Durante 1999 gracias os esforzos da VEKN celébranse o primeiro campionato nacional dos estados unidos e tamén o primeiro campionato europeo.

Chega o ano 2000 con mundo esquivando a bala do efecto 2000, White Wolf ( editora do xogo de rol Vampiro: A Mascarada) anuncia que recupera a licencia de V:TES de Wizards of the Coast, e en outubro dese mesmo ano publica o primeiro produto da nova etapa que basicamente é unha reimpresión mellorada da última expansión publica por Wizards of The Coast “ The Sabbat”. Así o xogo sae do letargo para volver a estar vivo ( por seguir a xerga da ambientación).

Durante os seguintes 10 anos White Wolf segue publicando o xogo de cartas a un ritmo de un par de expansións o ano ( aproximadamente) pero en setembro de 2010 White Wolf anuncia o segundo final do xogo. Durante este período os beneficios de White Wolf foron decaendo debido o peche do “Antigo Mundo de Tebras” e comezando un novo universo que tivo moi mala aceptación producindo un lastre económico na empresa nai.

Unha vez máis a VEKN ponse a fronte do xogo levando a cabo un calendario de torneos internacionais. Publicando 3 expansións en PDF baixo licencia oficial de White Wolf e packs con reimpresións de cartas raras ou que eran moi valiosas no mercado secundario que se entregaron os participantes de un evento en Berlín e posteriormente liberadas para a súa compra online.

En 2018 despois de unha serie de cambios no propietario da licencia de Vampire ( na que se inclúe V:TES)  membros da VEKN forman unha empresa, Black Chantry, que se vai a encargar de volver editar o xogo ( xa que por asuntos legais non podían negociar a licencia con un organismo como a VEKN). 

Actualmente o xogo atopase e un estado de Non-Morte, Black Chantry durante o seu primeiro ano sacou produtos orientados a reactivar os antigos xogadores, imprimindo unha  expansión con cartas novas e varios packs de reimpresión de cartas de expansións antigas que non tiveran moita tirada no pasado. Editáronse algúns mazos preconstruidos a medio camiño entre o produto de entrada e un produto para expandir a colección xa que son mazos de arquetipos coñecidos a partir dos cales se pode construír algo con capacidade competitiva de alto nivel bastante orientados a ser xogados entre si. Pero a finais de 2020 saíu a caixa de inicio que o xogo necesitaba unha caixa con 5 mazos ambientados na quinta edición do xogo de rol  equilibrados entre si con unha revisión das regras ( nada novo solo cambios de redacción e ordenación ) unhas follas de axuda que por un lado serven como folla de axuda xeral e polo outro como unha pequena guía de estratexia para cada mazo e algúns contadores en marcador troquelado, unha das melloras a nivel comercial desta caixa e que pode ser adquirida en español desde a saída. 

No futuro teremos o resto de mazos correspondentes o resto dos clans da quinta así como unha expansión temática da campaña Fall Of London para o xogo de rol, o mesmo tempo Black Chantry está poñendo dispoñibles moitas cartas antigas en print on demand en DrivethruCards.

Durante o seu período vital ( ou non vital segundo se vexa) o xogo nunca chegou a ser un bombazo como outros xogos como Magic , Pokemon TCG ou Yugi – Oh pero si tivo un status de xogo de culto con unha base de seguidores moi fiel que se mantiveron en activo e polo tanto evitaron que o xogo desaparecera de todo.