6d6 Summerslam de Netrunner

6d6 Summerslam de Netrunner

Presentamos o 6d6 Summerslam de Netrunner un torneo de Netrunner formato Startup usando Jinteki.net no que xogaremos unha ronda por semana desde o día 4 de xullo. Para apuntarvos usade premede aquí.

Podedes unirvos o grupo de whatsapp do torneo premendo aquí.

Información do torneo:

¿Que é esto? Pois faremos un torneo de formato suizo que en vez do xogarse todo no mesmo día faremos unha ronda por semana, de tal xeito que cada xogador terá 7 días de prazo  para xogar unha partida co rival asignado utilizando a plataforma Jinteki.net

¿Cando comeza e canto dura? Comezaremos a semana do 4 de xullo, e durará arredor das 6 semanas (ver mais adiante).

¿Que é o formato Suizo? O formato suizo e unha forma de organizar competicións nas que hai unha serie de rondas seguidas de unhas eliminatorias  nas cales os xogadores  se irán emparellando entre si en función dos resultados obtidos o longo do evento de tal modo que cada xogador irase emparellando con outro xogadores que teñan resultados similares. O contrario que nas ligas un xogador non xogará con todos o resto de inscritos

¿Cantas rondas serán? O número de rondas depende do número de inscritos no noso caso faremos 3 rondas si o número de inscritos e inferior a 10 xogadores, seguidas de unhas eliminatorias nas que solo participaran os 4 mellores. Se superamos os 10 inscritos faremos 4 rondas seguidas de unhas eliminatorias que dependerán dos inscritos e que se informará o inicio do evento.

¿En que consiste unha ronda? Unha ronda e o que podemos chamar unha partida completa e decir cada xogador terá que xogar con corp e con runner contra o mesmo rival, como xa dixemos antes haberá 7 días de prazo para completar este proceso, e é responsabilidade de ambos xogadores acordar día e hora para ditas partidas. 

¿Como se puntúa cada ronda? Cada victoria serán 3 puntos  e cada derrota 0 puntos, de tal xeito que se gañas as duas partidas sería un 6-0. 

¿Que necesito para xogar? Simplemente acceso a internet para poder usar a plataforma Jinteki.net (https://www.jinteki.net/play) e unha conta en Netrunner DB (https://netrunnerdb.com/)

¿Como me apunto? Podes apuntarte usando está paxina https://cobr.ai/juf2 que usaremos para xestionar o torneo usando a tua conta de netrunnerDB non é necesario que cubras os espazos de CorpID e Runner ID

¿Teño que xogar sempre os mesmos mazos? Ainda que xeralmente nos torneos usanse os mesmos mazos para todo o evento, no noso caso o ser algo casual e de novatos permitiremos cambiar de mazo entre rondas para dar liberdade para experimentar sempre e cando se axusten o formato Startup

¿ Que é o formato Startup? E habitual que nos xogos de cartas con moita traxectoria e con unha cantidade de cartas moi elevada se limiten a número de cartas dispoñibles para un evento, isto e o que coñecemos como formato. No caso de Startup consiste nas expansión System Gateway, o  system update mais recente ( neste caso o 2021)   o ciclo máis recente (Ashes) e o Midnight Sun booster pack. E posible que saia unha nova expasión durante o desenvolvemento do evento, se esto produce xogaremos co formato formato Startup máis recente ( o que pode implicar que haia cartas novas e cartas que deixen de ser legales).

Etiqueta: estamos en un evento de corte casual polo que intentemos que a cordialidade sexa o tono imperante e sexamos responsables e respetuosos á hora de establecer as citas para xogar as partidas. Calquera conflicto que non poidades solucionar consultade co organizador. Recordade o importante e xogar.