Benvidos a Malifaux

Benvidos a Malifaux

Cara finais do século XVIII a maxia escaseaba no mundo, todos os seus usuarios decidiron organizarse e reunirse en un congreso para estudar este fenómeno e buscarlle solución. Tras moito estudo chegaron a unha conclusión e decidiron facer un ritual para restituír a maxia, dito ritual foi catastrófico eliminando a maioría dos involucrados e todos os habitantes e parte da cidade na que aconteceu dito evento máxico,

A parte da destrución formouse un portal dimensional ( A Brecha)  que comunicaba o noso mundo con unha dimensión paralela donde se atoparon con unha cidade completamente valeira que levaba por nome Malifaux e na que os exploradores se encontraron con unha gran cantidade de grimorios e artefactos fantásticos pero o maior descubrimento foron as pedras de alma ( Soulstones) as cales eran capaces de acumular grandes cantidade de enerxía máxica que podían utilizarse para mellorar as capacidades máxicas de un individuo ou ben como fonte de enerxía para a tecnoloxía mais sofisticada.

No inverno de 1797 Malifaux estaba afectada pola maior tormenta xamais vivida na súa corta historia, tiña tanta forza que esta parecía que A Brecha estaba perdendo a súa estabilidade. En solo unha noite tódolos avances foron perdidos xa que todos os humanos da cidade foron asasinados por criaturas nativas do mundo paralelo no que se atopaba a cidade de Malifaux e ademais A Brecha pechouse de forma inesperada, o último que a traspasou foi cun cadáver ca palabra “Noso” gravada na súa carne.

Durante os seguintes 100 anos o mundo foi un lugar convulso con guerras e as diferentes potencias loitando polas reservas minguantes de pedras de alma, hasta a formación do Gremio de Comerciantes que aglutinou a maioría destas reservas alcanzando a dominación mundial gracias o control económico dos recursos.

No ano 1897 A Brecha volveu a abrirse de forma espontánea, os primeiros exploradores encontraron a cidade sen que nada houbera pasado e foron explorando pouco a pouco hasta establecerse definitivamente e as pedras de alma volveron fluír. A partir de este momento o Gremio tenta gobernar a cidade con man de ferro pero ten moito oposición por un lado o Sindicato de Mineiro e Traballadores do Vapor son unha forza de presión social moi forte xa que representa os mineiros que extraen as pedras de alma. Outras ameazas son por un lado os nigromantes que proliferan na cidade e os antigos habitantes deste plano que toman a forma dos pesadelos humanos e asexan os habitantes da cidade en cada esquina.

¿Que é Malifaux?

Malifaux e un wargame de miniaturas publicado por Wyrd games hai mais de 10 anos,  que podemos englobar dentro do que coñecemos como xogos de escaramuzas, isto quere dicir que en unha partida teremos entre 8-15 miniaturas por cada bando as cales xeralmente van a ser moi diferentes entre si tanto en habilidades como en estadísticas as cales veñen reflexadas en unha carta para cada miniatura.

Unha característica importante de Malifaux é influencia que ten o trasfondo sobre o xogo xa que por un lado hai unha gran cantidade de personaxes principais e secundarios ( mais alá de tropas xenéricas) que van cambiando co paso das expansións, algúns morren, outros van gañando, hai cambios de afiliación, etc.

Actualmente hai 7 faccións dentro das cales hai unhas 8 bandas ( cada unha das cales pode ser seleccionada polos xogadores) cada unha das cales ten un estilo de xogo diferenciado e funcionan con mecánicas diferenciadas.

Faccións

Gremio (The Guild)

O Gremio e o mais parecido o goberno oficial sobre a cidade de Malifaux, si ben a súa influencia mermou recentemente debido o intento do seu antigo director de ascender a un estado divido mediante un ritual que saíu regular. Moitas das bandas que o compoñen correspóndense as distintas seccións da súa organización.

Resurrecionistas (Resurrectionists)

Os resurreccionistas non son unha facción especialmente organizada, salvo en contadas ocasións,  xa que en ela se engloban a todos os usuarios da nigromancia que operan na cidade de Malifaux. Son fortemente perseguidos polos Death Marshals do Gremio que recentemente asestáronlle un forte golpe cando Lady Justice ( líder dos Death Marshals) asasinou a Nicodem o nigromante máis poderoso na cidade.

Non Natos (Neverborn)

A facción dos Neverborn engloban a todas aquelas formas de vida ou entitades “nativas” de Malifaux ou que se atopaban alí antes da apertura da Brecha. Xeralmente son bandas conformadas por monstros que adoptan a forma dos pesadelos dos humanos ou son capaces de infiltrarse entre a sociedade humana de algún xeito, asexando nas sombras e esperando o seu momento.

Arcanistas (Arcanist)

Esta facción engloba o principal elemento de oposición política O Gremio, o Sindicato de Mineiros e Traballadores do Vapor ( MS&U) os cales conseguiron mellorar en gran medida as condicións de traballo dos mineiros que conseguen as Pedras de Alma, e que recentemente sufriu un cambio de líder debido a intrigas internas. Por outro lado en esta facción tamén nos atopamos cos Arcanistas propiamente ditos que son todos aqueles usuarios da maxia non rexistrados polo Gremio que son perseguidos polo Cazadores de Bruxas ( Witch Hunters ) de Sonnia Criid. No pasado os arcanistas tiveron bastante poder na cidade pero os últimos golpes do Gremio provocaron que tiveran que cambiar o seu modus operandi pasando a ter actividades mais propias de grupos terroristas.

Parias (Outcast)

Os outcast engloban por un lado a organizacións de diversos tipos de soldados de aluguer así como a organizacións delictivas. Por outro lado tamén pertencen os Outcast una serie de estraños e poderosos individuos que representan a poderes superiores que teñen as súas propias axendas e que non se poden valer de ningunha das outras faccións para os seus intereses.

10 Tronos (10 Thunders)

Os 10 Tronos son unha organización mafiosa de orixe oriental que se infiltraron en todas as demais faccións da cidade, extendendo a súa influencia nas sombras saíron a luz converténdose en unha organización poderosa na cidade capaz de facerlle sombra o Gremio.

Pantano / Gremlins (Bayou / Gremlins)

En esta facción englóbanse a toda unha serie de individuos importantes que viven nos pantanos próximos a Malifaux, a maioría dos integrantes desta facción pertence a especie do Gremlins unha criaturas pequenas de cor verde que viven moi relacionados con porcos e que en moitos casos imitan a modelos que copian da sociedade humana de Malifaux, son unha facción moi divertida en canto o concepto das súas bandas.

¿Como e unha partida de Malifaux?

Unha partida de Malifaux ten unha duración de aproximadamente 2-2:30 horas aproximadamente aínda que e algo variables xa que depende da experiencia dos xogadores cas regras e do coñecemento que cada un teña das súas miniaturas. Antes de comezar a partida temos que establecer con que parámetros se xogará a mesma, estes parámetros son:

  • Tamaño de partida: E o numero de pedras de almas dispoñibles para cada xogador para recrutar as miniaturas que participaran na partida.
  • Establecer a Estratexias ( Strategy) e as Intrigas ( Squemes): En cada partida de Malifaux hai unha estratexia que sería unha misión principal e que é común para todos os xogadores da partida, como máximo poderemos puntuar 4 puntos de vitoria gracias a estratexia. As intrigas son misións secundarias en cada partida hai 5 intrigas diferentes das cales cada xogador selecciona 2 en secreto, o longo da partida podemos anotar 2 puntos de vitoria por cada intriga.
  • Recrutamento: Unha vez seleccionado todo o anterior cada xogador terá que recrutar a banda ca que vai a xogar, o primeiro paso e seleccionar unha facción e un líder dos dispoñibles para esa facción, esta selección determinará as miniaturas dispoñibles para o seu recrutamento. Así cada xogador terá tantas pedras de alma como se dispuxera no tamaño da partida para “comprar” miniaturas e melloras para a súa banda e que serán as que use durante a partida, as pedras de almas sobrantes non se perden e poderán ser usadas o longo da partida.

 

Durante a partida os xogadores terán que ir anotando puntos de vitoria seguindo as condicións establecidas polo la Estratexia e as Intrigas de tal modo que o final do quinto turno o xogador con máis puntos será o ganador.

O longo do turno a miniaturas de cada xogador irán actuando de forma alterna, e dicir o primeiro xogador activa unha das súas miniaturas que fai o seu turno, e a continuación o segundo xogador fai o propio con unha das súas e así sucesivamente hasta que se activen todas as miniaturas.

Durante a activación das miniaturas estas poden usar poderes e habilidades tanto defensivas como ofensivas especificadas na súa carta correspondente. Moitas de estas habilidades necesitarán de unha tiradas para comprobar si teñen éxito, para isto faise unha tirada si ben en este xogo en vez de utilizar dados utilizamos unha baralla de póker constituíndo isto unha das maiores peculiaridades mecánicas do xogo, xa que as cartas que usamos van desaparecendo do mazo polo que é como si cada vez que tiraramos un dado lle foramos quitando as caras que usamos, adicionalmente cada xogador dispón de unha man de cartas que permite modificar aquelas tiradas que non nos gusten, adicionalmente os efectos de certas habilidades poderán verse modificados si na tirada de cartas conseguimos un pao en concreto da baralla, todo isto outórgalle o xogo unha capa extra de estratexia relacionada ca xestión do mazo e da man.

O final do quinto turno o xogador con máis puntos de vitoria será o gañador independentemente da cantidade de efectivos que posúa.

¿Que necesito para xogar?

O estrictamente necesario para xogar a Malifaux serían unha cantas miniaturas, unha cinta métrico ou un flexometro que estea graduado en polgadas e unha baralla de póker, xa que o regulamento e as cartas de cada miniatura poden descargarse de forma legal desde a páxina de Wyrd Games.

6d6 e Malifaux

Actualmente Malifaux en un dos xogos máis xogados na asociación, quedamos case tódalas semanas para xogar de forma casual os mércores pola tarde. Habitualmente solemos facer eventos mensuais que xeralmente son pequenos torneos amistosos nos que cobramos unha pequena inscrición e sorteamos premios ( xeralmente accesorios molóns para o xogo e miniaturas alternativas que non se poden comprar nas tendas). Por último solemos facer unha liga ou campaña anual que dura aproximadamente 3 meses.

Un dos nosos socios e un Henchman que basicamente e unha persoa que se dedica a organizar eventos e demostracións así como a dinamizar a comunidade tendo acceso a produtos exclusivos para el e para a súa comunidade.

Calquera pregunta que teñades podedes enviala a contacto@asociacion6d6.com ou ben a malifaux@asociacion6d6.com .